Atentados de París de novembro de 2015
From Wikipedia, the free encyclopedia
A noite do 13 de novembro de 2015 producíronse unha serie de ataques terroristas coordinados, consistentes en tiroteos en masa, explosións suicidas e toma de reféns en París (Francia) e no suburbio do norte, Saint-Denis. Comezaron ás 21:16 CET,[8] con tres explosións suicidas preto de Stade de France e tiroteos en masa e outra explosión suicida en catro lugares preto do centro de París.[8][9] O ataque máis sanguento produciuse no teatro Bataclan durante un concerto da banda estadounidense Eagles of Death Metal, onde os terroristas tomaron reféns e participaron nun enfrontamento coa policía que rematou ás 00:58 CET do 14 de novembro de 2015. Nos ataques morreron 129 persoas, 89 das cales foron asasinadas no teatro Bataclan.[10][11][12] Ademais, 433 persoas resultaron feridas durante os ataques, incluíndo 80 que se foron descritas como estado grave.[13] Os ataques foron os máis sanguentos ocorridos en Francia dende a segunda guerra mundial,[14][15] e os máis sanguentos na Unión Europea dende os atentados de Madrid de 2004.[16]
Atentados de París de novembro de 2015 | |
---|---|
Localizacións dos ataques:
| |
Lugar | París e Saint-Denis, Francia |
Coordenadas | 48°51′47″N 2°22′14″L |
Data | 13 - 14 de novembro de 2015 21:16 - 00:58 (CET) |
Tipo de ataque | Tiroteo, explosión, toma de rehenes, ataque suicida |
Arma(s) | Fusiles AKM,[1] granadas de mano e chalecos con peróxido de acetona |
Mortos | |
Feridos | +350[4][5] |
Perpetrador(es) | Estado Islámico[3][6][7] |
Motivo | Xihadismo |
[ editar datos en Wikidata ] |
O 14 de novembro, o Estado Islámico de Iraq e Levante (ISIS) reivindicou a responsabilidade dos ataques.[17][18][19] O motivo de ISIS foi tomar represalias pola intervención francesa na guerra civil siria e na guerra civil iraquí.[20][21] Hollande declarou que os ataques foron organizados dende o estranxeiro "por Daesh," un acrónimo árabe para ISIS,[22] "con axuda interna",[23] e describiunos como "un acto de guerra."[24]
En resposta ós ataques, o Presidente de Francia François Hollande anunciou o estado de emerxencia nacional, e ordenou controis temporais nas fronteiras do país nun comunicado televisado ás 23:58 CET.[10] Foi o primeiro estado de emerxencia nacional dende o remate da segunda guerra mundial.[25] Antes do ataque, Francia mantiña a alerta alta dende os atentados de xaneiro de 2015 en Île-de-France que acabaron con dezasete persoas.[26] En resposta ós atentados, o 15 de novembro Francia lanzou un ataque encadrado na Operación Chammal, nome co que se coñece a súa contribución á campaña de bombardeo anti-ISIS, cuxo obxectivo principal foi a cidade de Al-Raqqah.[27]