Cerco de Xerusalén do ano 70
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Cerco de Xerusalén do ano 70 d. C. foi o evento decisivo da primeira guerra xudeu-romana. O exército romano, dirixido polo futuro emperador Tito, xunto a Tiberio Xulio Alexandre como o seu segundo ao mando, asediaron e conquistaron a cidade de Xerusalén, que estaba baixo o control das faccións xudías rebeldes desde o ano 66, despois das revoltas de Xerusalén dese ano, cando se formou o Goberno Libre de Xudea na cidade.
Cerco de Xerusalén | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de primeira guerra xudeu-romana | ||||||||||||||
Mapa indicando o progreso do exército romano durante o cerco | ||||||||||||||
| ||||||||||||||
Belixerantes | ||||||||||||||
Imperio romano | Goberno Libre de Xudea
|
Celotes | ||||||||||||
Líderes | ||||||||||||||
Tito | Simón Bar Giora | Xoán de Gischala Eleazar ben Simón | ||||||||||||
Forzas en combate | ||||||||||||||
70 000 | entre 15-20 000 | 10 000 | ||||||||||||
Baixas | ||||||||||||||
Descoñecido | Todos | Todos |
O cerco rematou o 30 de agosto do 70[1] coa queima e destrución do Segundo Templo de Xerusalén e o saco dos romanos da cidade baixa. A destrución do templo aínda se recorda anualmente no Tisha B'Av xudeu. O Arco de Tito, celebrando o saco de Xerusalén e do Templo, aínda permanece en pé sobre Roma. A conquista da cidade completouse o 8 de setembro do ano 70.