As Burgas
mananciais de auga quente na cidade de Ourense / From Wikipedia, the free encyclopedia
As Burgas son uns mananciais de augas termais que se localizan na cidade de Ourense. Deles brotan unhas augas silicatadas, fluoradas, litínicas e hipertermais, a unha temperatura entre 64 e 68 °C cun caudal de 300 litros por minuto. Estas augas son aplicables a diferentes tipos de dermopatías.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: As Burgas (homónimos).
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2012.) |
Xunto coa catedral e a Ponte Maior, son un dos símbolos da capital ourensá, á que se lle deu en chamar "Cidade das Burgas". Estes mananciais foron declarados Conxunto Histórico-Artístico no ano 1975.