Arquitectura paleocristiá
From Wikipedia, the free encyclopedia
A arquitectura paleocristiá, tamén chamada arquitectura cristiá primitiva, é aquela que foi realizada entre finais do século III –baixo o mandato de Constantino I o Grande– até o século VI –na época do emperador Xustiniano I. Xorde principalmente para satisfacer a necesidade de construción de estruturas de seu para a relixión cristiá.[1]
Aínda que se orixinou en Siria e Exipto, axiña pasou a Occidente, e vai ser en Roma –centro da cristiandade– onde se produciron as primeiras manifestacións de monumentos de arquitectura, no eido dos cemiterios ou catacumbas; era unha etapa de clandestinidade por mor das persecucións ás que eran obxecto aqueles que practicaban a relixión cristiá. Nesta mesma época, para celebrar as asembleas de culto relixioso empregábanse vivendas privadas, adaptando algunhas das súas salas para estes fins (domus ecclesiae).[1]
A etapa seguinte comeza no ano 313 co Edicto de Milán, promulgado polos emperadores Constantino I o Grande –despois da súa conversión– e Licinio, segundo o cal outorgáronselles ós cristiáns plenos dereitos de manifestación pública das súas crenzas: