Arquipélago xaponés
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Arquipélago xaponés (日本列島, Nihon Rettō?) é un grupo de 6.852 illas que forman o Xapón. Esténdese sobre 3000 km.[2] desde o Mar de Okhotsk ao nordés ata o Mar de Filipinas ao sur ao longo da costa nororiental do continente de Eurasia. Está formado por illas desde o arco da illa de Sakhalin, o arco nordés do Xapón ata as illas Ryukyu e as Illas Nanpō.
Máis información Arquipélago xaponés 日本列島 - Nihon Rettō, Datos ...
Arquipélago xaponés 日本列島 - Nihon Rettō | |
---|---|
Datos | |
País | Xapón Rusia |
Mar | Mar de Okhotsk - Mar do Xapón - Mar da China Oriental - Mar de Filipinas (océano Pacífico) |
Illa principal | Honshū 225.800 km² Hokkaidō 83.452 km² Sakhalin 76.400 km² Kyūshū 37.437 km² Shikoku 18.298 km² Sado 855 km² |
Linguas | Xaponés |
Poboación (2017) | 126.672.000 hab.[1]. |
Densidade | 336 hab/km² |
Superficie | 377.973´89 km² |
Nº de illas | 6-852 |
Coordenadas | 37°30′52″N 137°42′44″L |
Maior Altura | |
Capital | Kioto |
Localización | |
Pechar
O termo "Home Islands" foi usado ao final da segunda guerra mundial para definir a área do Xapón á que se restrinxiría a súa soberanía e ao dominio constitucional do Emperador do Xapón. O termo tamén é usado habitualmente hoxe para distinguir o arquipélago das colonias do Xapón e outros territorios na primeira metade do século XX.[3]