Selva amazónica
selva tropical de América do Sur / From Wikipedia, the free encyclopedia
A selva amazónica,[1] tamén chamada Amazonia,[2][3] é unha selva tropical húmida que cobre a maioría da bacía do río Amazonas, en América do Sur. Esta bacía abrangue 7 000 000 km², dos cales 5 500 000 km² están cuberto de selva. Está rexión inclúe o territorio de nove países.
A maioría da selva atópase dentro do Brasil, co 60% da súa superficie, seguido polo Perú co 13%, Colombia co 10%, e en menor medida en Bolivia, Ecuador, a Güiana Francesa, Güiana, Suriname e Venezuela. Catro deses países teñen "Amazonas" como nome dunha rexión administrativa de primeiro nivel (o Brasil, Venezuela, o Perú e Colombia) e Francia usa o nome "Parque amazónico da Güiana" para a súa área protexida de selva. A selva amazónica representa máis da metade de tódalas selvas que existen no planeta,[4] e abrangue a meirande e máis biodiversa selva tropical do mundo, cun estimado de 390 billóns de árbores divididas en 16 000 especies.[5]