Alonso I de Fonseca
From Wikipedia, the free encyclopedia
Alonso I de Fonseca, nado en Toro (provincia de Zamora) en 1418 e finado en Coca (provincia de Segovia) en 1473, foi bispo de Ávila entre 1445 e 1453 e arcebispo de Santiago de Compostela entre os anos 1460 e 1463, e tamén de Sevilla, desde o ano 1454 ata o 1473. É considerado o iniciador dun novo período na sede compostelá e o definidor do morgado familiar dos Fonseca, familia moi influente na Galicia dese momento e en España.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1415 Toro |
Morte | 1473 (57/58 anos) Coca (pt) |
Lugar de sepultura | Coca (pt) |
Arcebispo de Santiago de Compostela | |
3 de decembro de 1460 – 1486 – Alonso II de Fonseca → | |
Arcebispo de Sevilla | |
4 de febreiro de 1454 – 3 de decembro de 1460 ← Alonso II de Fonseca – Pietro Riario → | |
Arcebispo católico | |
Capelán maior do rei | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico , estadista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Catalina de Fonseca y Ulloa (en) |
Pechar
A pesar de que na súa vida ocupou tres sés, non se posúe moita documentación sobre os seus mandatos, polo que escasean os datos sobre a súa vida, moitos deles obtidos do seu testamento.