All Nippon Airways
From Wikipedia, the free encyclopedia
All Nippon Airways Co., Ltd. (全日本空輸株式会社 Zen Nippon Kūyu Kabushiki-gaisha), tamén coñecida como Zennikkū (全日空) ou ANA, é a aeroliña máis grande do Xapón. A súa sede atópase no Shiodome City Center en Minato, Toquio. A compañía voa a 49 destinos no Xapón e a 32 fóra do país. Os principais centros de operacións de ANA atópanse no aeroporto internacional de Narita, nas aforas de Tokyo, e no aeroporto internacional de Kansai, na periferia de Osaca. Os principais centros domésticos están no aeroporto internacional de Toquio (Haneda), no Aeroporto Internacional de Osaca, o aeroporto internacional Chūbu Centrair (preto de Nagoya), e o novo aeroporto de Chitose (preto de Sapporo).
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
All Nippon Airways | ||
---|---|---|
IATA NH | OACI ANA | Indicativo ALL NIPPON |
Fundación | 27 de decembro de 1952 | |
Plan de voo frecuente | ANA Mileage Club | |
Alianza | Star Alliance | |
Subsidiarias | ANA Wings ANA & JP Express | |
Frota | 239 | |
Destinos | 97 | |
Eslogan da compañía | Inspiration of Japan | |
Sede | ||
Dirixentes | Shinya Katanozaka (presidente) Yuji Hirako (CEO) | |
Páxina web: http://www.ana.co.jp |
Ademais das súas operacións principais, ANA controla varias subsidiarias, como a súa aeroliña rexional, ANA Wings, e a chárter Air Japan. Outras compañías máis pequenas son Air Do, unha aeroliña low-cost que voa entre Toquio e cidades de Hokkaido, AirAsia Japan, unha low-cost creada entre AirAsia de Malaisia e ANA, e Allex Cargo (ANA Cargo), a división de carga operada por Air Japan. ANA é tamén a maior accionista de Peach, unha compañía low-cost creada xunto co First Eastern Investment Group.