Alfredo Sánchez Monteseirín
político español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Alfredo Sánchez Monteseirín, nado en La Rinconada o 25 de setembro de 1957, é un político español, alcalde socialista da cidade de Sevilla desde 1999 até 2011.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1957 (66 anos) La Rinconada, España |
Alcalde de Sevilla | |
4 de xullo de 1999 – 11 de xullo de 2011 ← Soledad Becerril – Juan Ignacio Zoido → | |
Q27791769 | |
1995 – 1999 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Sevilla |
Actividade | |
Ocupación | político , médico , profesor universitario |
Empregador | Instituto Nacional de la Salud Servicio Andaluz de Salud (en) Universidade de Sevilla |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua castelá |
Naceu en 1957 en La Rinconada, unha cidade situada a poucos quilómetros da capital andaluza (Sevilla). Só viviu seis anos alí, xa que en 1963, seus pais múdanse a Sevilla. A familia instalouse preto de La Macarena.
Estudou nos Escolapios. Máis tarde realizou o Curso de Orientación Universitaria (COU) no Instituto “M. Montañés”, para terminar licenciándose en Medicina e Cirurxía na Facultade de Medicina da Universidade de Sevilla.
Practicou a medicina en diversos hospitais da cidade e a provincia. Tras completar a súa especialización en xestión hospitalaria e obter praza por oposición como médico inspector do Instituto Nacional da Seguridade Social (hoxe Servizo Andaluz de Saúde), ensina na Escola Universitaria de Traballo Social de Sevilla.