Alborz
From Wikipedia, the free encyclopedia
Alborz ou Elburz (en persa: البرز) é unha cordilleira que separa o altiplano iraniano da depresión do mar Caspio e, por outra banda, establece unha continuidade entre o Cáucaso e o Hindu Kush (Paropamisadas). A altura media da cordilleira non supera os 3000 metros, sendo o pico máis alto o Damavand, que alcanza os 5654 metros. No norte, hai moitos bosques, pero no sur a vexetación é escasa debido á pouca cantidade de choiva. O primeiro en darlle nome á montaña foi Hamd Allah Mustawfi . Anteriormente, era coñecido como Semiramidis Mons (Σεμειραμίδος ὄρος) e é mencionado por Flavio Arriano e Marciano, que dicían que formaba a parte persa da entrada ao golfo Pérsico na rexión de Carmania.