Aeroporto de Mactan-Cebú
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto internacional de Mactan-Cebú (IATA: CEB, OACI: RPVM) é o segundo aeroporto máis concorrido de Filipinas. Está situado na rexión de Visayas Central na cidade de Lapu-Lapu da illa Mactan. O aeroporto é propiedade de Mactan–Cebu International Airport Authority. As súas instalacións cobren unha superficie de 797 hectáreas.
Datos rápidos Tugpahanang Pangkalibutan sa Mactan–SugboPaliparang Pandaigdig ng Mactan–Cebu, IATA: CEB – ICAO: RPVM ...
Aeroporto de Mactan-Cebú Tugpahanang Pangkalibutan sa Mactan–Sugbo Paliparang Pandaigdig ng Mactan–Cebu | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Mactan-Cebu International Airport Authority | ||
Operador | GMR-Megawide Cebu Airport Corporation | ||
Cidade/Illa | Cebú | ||
Localización | Lapu-Lapu | ||
Elevación (msnm) | 9 metros / 31 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | mactancebuairport.com | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
04/22 | 3 300 | 10 827 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 8 830 638[1] | ||
Pechar
Ten unha única pista de 3 300 metros que foi construída polos Estados Unidos en 1956 como aeroporto de emerxencia para os bombardeiros do Mando Aéreo Estratéxico e foi coñecido como Base Aérea de Mactan.[2] A pista está complementada por unha pista de rodaxe da mesma lonxitude que comparte coa actual base aérea da Forza Aérea de Filipinas.