Aeroporto de Harstad/Narvik, Evenes
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto de Harstad/Narvik, Evenes (IATA: EVE, OACI: ENEV) é un aeroporto internacional en Evenes, Noruega, que serve ás cidades de Harstad e Narvik. Nas mesma localización tamén se atopa a base aérea de Evenes da Real Forza Aérea de Noruega. O sector civil pertence e é operado pola empresa estatal Avinor. O aeroporto ten unha única pista de 2 808 metros cunha pista de rodadura paralela e unha terminal con cinco portas de embarque. Conta con servizos regulares diarios de Norwegian Air Shuttle, Scandinavian Airlines e Widerøe a Oslo, Bodø, Tromsø e Andenes.
Datos rápidos Harstad/Narvik lufthavn, Evenes, IATA: EVE – ICAO: ENEV ...
Aeroporto de Harstad/Narvik, Evenes Harstad/Narvik lufthavn, Evenes | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Operador | Avinor | ||
Cidade/Illa | Harstad e Narvik | ||
Localización | Evenes | ||
Elevación (msnm) | 26 metros / 85 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | avinor.no/en/airport/harstadnarvik-airport/ | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
17/35 | 2 808 | 9 213 | asfalto |
Estatísticas (2015) | |||
Pasaxeiros | 709 239 | ||
Pechar