Aeroporto de Berlín-Schönefeld
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto de Berlín-Schönefeld (IATA: SXF, ICAO: EDDB) é o aeroporto internacional secundario de Berlín, a capital de Alemaña. Está situado a 18 km ao sueste da cidade, preto de Schönefeld. É o máis pequenos dos dous aeroportos de Berlín, despois do de Tegel, e é unha base de Condor, easyJet e Ryanair.
Datos rápidos Flughafen Berlin-Schönefeld, IATA: SXF – ICAO: EDDB ...
Aeroporto de Berlín-Schönefeld Flughafen Berlin-Schönefeld | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Flughafen Berlin Brandenburg GmbH | ||
Cidade/Illa | Berlín | ||
Coordenadas | |||
Web | http://www.berlin-airport.de/en/travellers-sxf/index.php | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
07L/25R | 3 600 | asfalto | |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 11 652 922 | ||
Pechar
Schönefeld foi o principal aeroporto civil da República Democrática Alemá e o único do antigo Berlín Oriental. Tense previsto incorporar parte das infraestruturas de Schönefeld ao novo aeroporto de Berlín-Brandenburgo cando abra,[1] nalgún momento do ano 2018.[2] Anunciouse que as terminais de Schönefeld se usen ata polo menos o ano 2023 para encargarse das aeroliñas de baixo custo como parte do novo aeroporto.[3]