Adolphe Thiers
avogado, xornalista, historiador e estatista francés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Louis Adolphe Thiers, nado en Marsella o 15 de abril de 1797 e finado en Saint-Germain-en-Laye o 3 de setembro de 1877, foi un historiador e político francés. Foi repetidas veces primeiro ministro baixo o reinado de Lois Filipe de Francia. Despois da caída do Segundo Imperio, converteuse en presidente provisional da Terceira República Francesa, ordenando a supresión da Comuna de París en 1871. Dende 1871 ata 1873 gobernou baixo o título de presidente provisional. Despois de perder unha moción de confianza na Asemblea Nacional, presentou a súa dimisión, oferta que foi aceptada (confiaba en que a dimisión non fose aceptada) e obrigárono a deixar o seu cargo. Foi substituído como Presidente Provisional por Patrice MacMahon, duque de Magenta, quen se converteu en Presidente da Terceira República, título que Thiers cobizara, en 1875 cando unha serie de Leis Orgánicas crearon oficialmente a Terceira República Francesa.