Acción Integralista Brasileira
From Wikipedia, the free encyclopedia
Acción Integralista Brasileira (AIB, en portugués: Ação Integralista Brasileira) foi un movemento político fascista nacionalista brasileiro creado o 7 de outubro de 1932. Foi fundado por Plínio Salgado, un escritor modernista, xornalista e político, unha figura literaria coñecida pola súa participación na Semana de Arte Moderna de 1922.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Acción Integralista Brasileira | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | integralismo, fascismo clerical e Fascismo |
Data de fundación | 7 de outubro de 1933 |
Data de disolución | 10 de novembro de 1937 |
Sede | Río de Xaneiro |
País | Brasil |
[ editar datos en Wikidata ] |
Salgado desenvolveu o que viría a ser a AIB, coa Sociedade de Estudos Paulista (SEP), un grupo de estudo sobre os problemas xerais da nación. Os estudos da SEP resultarían na creación da AIB, en 1932. O movemento integralista adoptara algunhas características dos movementos europeos de masa da época, especificamente do fascismo italiano, mais distanciándose do nazismo porque o propio Salgado non apoiaba o racismo. Namentres, a pesar slogan da "unión de todas as razas e todos os pobos", algúns militantes tiñan opinións antisemitas e racistas.
O integralismo brasileiro estaba inspirado nun movemento tradicionalista en Portugal, o integralismo lusitano. Como símbolo, a AIB utilizaba unha bandeira cun disco branco sobre un fondo azul, cun sigma maiúscula (Σ) no seu centro. Os integralistas tamén foron coñecidos como camisas-verdes debido aos uniformes que utilizaban. A AIB, así como todos os outros partidos políticos, desapareceu tras a instauración do Estado Novo, o 10 de novembro de 1937 polo entón presidente Getúlio Vargas.
A AIB, a partir de entón, reafirmouse como unha extensión do movemento constitucionalista.[Cómpre referencia] Tan logo o partido iniciou as súas actividades, influenciado polo fascismo italiano, comezaron a acontecer conflitos con grupos rivais, como a ANL, de forma análoga aos conflitos entre partidos fascistas e socialistas en diversos países da época.