A illa misteriosa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa misteriosa (en francés: L'Île mystérieuse) é unha novela de aventuras do escritor francés Jules Verne que foi publicada no 1874.
A illa misteriosa | |
---|---|
Portada da primeira edición | |
Título orixinal | L'Île mystérieuse |
Autor/a | Jules Verne |
Ilustrador/a | Jules Férat |
Orixe | Francia |
Lingua | francés |
Xénero(s) | Novela, Aventuras |
Editorial | Hetzel |
Data de pub. | 1874 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta obra apréciase a admiración do seu autor pola ciencia aplicada, tan presente en toda a súa obra, sintetizándoa a través dun dos seus personaxes que encerra en si mesmo o coñecemento e a capacidade de adaptación ó medio do ser humano: o enxeñeiro Ciro Smith. Este personaxe, dotado cun amplo coñecemento xeral, articula a historia e faina verosímil. O libro forma parte dunha triloxía que ademais compoñen Les Enfants du capitaine Grant e Vinte mil leguas baixo dos mares. Tal como o propio Verne aclaraba ó seu editor, esta sería "unha novela que tratase sobre química": partindo practicamente dende cero, os protagonistas conseguen fabricar mesmo ácido sulfúrico, un dos produtos químicos máis avanzados da época.