92ª edición dos Óscar
From Wikipedia, the free encyclopedia
A 92ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2019 e celebrouse o 9 de febreiro de 2020 no Dolby Theatre dos Ánxeles (Estados Unidos).[1] Logo de máis dunha década celebrando as cerimonias contra finais de febreiro, a 92ª edición tivo lugar a comezos de mes, o 9 de febreiro de 2020.[1][2] Durante a cerimonia, AMPAS presentou os Premios Óscar en 24 categorías. A cerimonia foi televisada nos Estados Unidos a través da ABC, producida por Lynette Howell Taylor e Stephanie Allain; sendo dirixida por Glenn Weiss.[3] En base ó éxito obtido co formato da edición anterior en 2019, a ABC anunciou que a cerimonia sería conducida de novo sen un presentador.[4]
O filme surcoreano Gisaengchung liderou os premios da cerimonia con catro premios, incluíndo o Óscar ó mellor filme, converténdose no primeiro filme en lingua non inglesa en conseguilo.[5][6] 1917 gañou tres premios, e Ford v Ferrari, Joker e Once Upon a Time in Hollywood gañaron cadanseus dous premios.