5ª edición dos Óscar
From Wikipedia, the free encyclopedia
A 5.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 18 de novembro de 1932 en The Ambassador Hotel dos Ánxeles (Estados Unidos). O mestre de cerimonias foi Conrad Nagel.
Os filmes elixibles foron os estreados entre o 1 de agosto de 1931 e o 31 de xullo de 1932.
Neste ano incluíronse os premios ás curtametraxes[1] e Walt Disney creou unha curta de animación especial só para o banquete de entrega de premios, Parade of the Award Nominees.[2]
Grand Hotel é o único filme que gañou o Óscar ao mellor filme sen ter máis candidaturas.[3] Foi o primeiro que gañou este premio sen ser candidato á mellor dirección, o que non se volveu repetir ata Paseando a Miss Daisy 58 anos despois.[4]