15ª edición dos Óscar
From Wikipedia, the free encyclopedia
A 15.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 4 de marzo de 1943 en The Ambassador Hotel dos Ánxeles. O mestre de cerimonias foi Bob Hope. Unha parte da cerimonia foi emitida por CBS Radio.[1]
A cerimonia é lembrada polo discurso da mellor actriz, Greer Garson, que durou case seis minutos e está considerado o discurso de aceptación máis longo na historia dos Óscar.[2] Tamén destacou o feito de que Irving Berlin presentase o Óscar á mellor canción, que gañou el mesmo por "White Christmas".