1ª edición dos Premios Mestre Mateo
From Wikipedia, the free encyclopedia
A 1ª edición dos Premios Mestre Mateo galardoou ás producións audiovisuais de Galicia de 2002 e celebrouse o 7 de xuño de 2003. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 24 categorías. A cerimonia celebrouse no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. O presentador foi Javier Veiga e o fío temático, o Pórtico da Gloria. A cerimonia caracterizouse polo ton reivindicativo a medida que os premiados foron recordando a situación provocada polo desastre do Prestige.
A gala de entrega dos I premios Mestre Máteo deixou tres títulos vencedores: Entre bateas de Costa Oeste, que recolleu dez dos vinte e catro premios; Os luns ó sol coproducida por Continental e a TVG recibiu tres, igual cá serie producida polo grupo Voz, Terra de Miranda.