Ópera de Sydney
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Ópera de Sydney ou Casa da Ópera de Sydney (en inglés: Sydney Opera House) é o pazo da ópera da cidade australiana de Sydney. É Patrimonio da Humanidade pola UNESCO desde o 28 de xuño de 2007. Deseñada por Jørn Utzon en 1957 é un dos edificios máis famosos e distintivos do século XX.
Ópera de Sydney | |
---|---|
Vista xeral da Ópera de Sydney. | |
Cidade | Bennelong Point, Sydney |
País | Australia |
Arquitecto/s | Jørn Utzon |
Propiedade de | Goberno de Nova Gales do Sur |
Capacidade | Concert Hall: 2.679 Joan Sutherland Theatre: 1.507 Drama Theatre: 544 Playhouse 398 The Studio: 400 Utzon Room: 210 Total: 5.738 |
Inauguración | 20 de outubro de 1973 |
Páxina web | sydneyoperahouse.com |
Está situada no cabo Bennelong, na beira sur da Baía de Jackson, co Real Xardín Botánico ao sur e preto da famosa Ponte do Porto, o que fixo do edificio e arredores un símbolo e presentación de Australia.
Nel represéntanse e realízanse principalmente obras e producións de teatro, balé, ópera e música; aínda que tamén acolle outros eventos como vodas, festas, conferencias e congresos. É a sede da Ópera Australia, da compañía teatral e da orquestra sinfónica da cidade. Actualmente, o edificio está administrado polo Trust da Casa da Ópera de Sydney, baixo supervisión do Ministerio de Cultura de Nova Gales do Sur.