Ñu negro
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ñu negro o ñu de cola branca, Connochaetes gnou, é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos, subfamilia dos alcelafinos e tribo dos alcelafininos.
Máis información Ñu negro / Ñu de cola brancaConnochaetes gnou Rango fósil: plistoceno - actuialidade, Estado de conservación ...
Ñu negro / Ñu de cola branca Connochaetes gnou Rango fósil: plistoceno - actuialidade | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Connochaetes gnou (Zimmermann, 1780) | |||||||||||||||||||||||||
Didtribución do ñu negro |
Pechar
É unha das dúas especies que compoñen o xénero Connochaetes, sendo de tamaño lixeiramente menor que a outra especie, o ñu azul (Connochaetes taurinus).
O ñu negro é un animal endémico da África austral, onde historicamente se distribuía ampla e abundantemente. Pero no século XIX, debido á caza, á destrución do seu hábitat e ás enfermidades, a súa poboación reduciuse extraordinariamente, de xeito que en 1900 a especie estaba ao bordo da extinción.