Áfidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os áfidos[2] son un amplo grupo de insectos que constitúen a superfamilia Aphidoidea (afidoideos), cuxa única familia viva nas clasificacións modernas é Aphididae (afídidos), os máis comúns dos cales se denominan comunmente pulgóns[3]. Son pequenos insectos que zugan os zumes internos das plantas, que poden ser importantes pragas e están entre os insectos máis destrutivos para a agricultura nas rexións temperadas, polo que son grandes inimigos de granxeiros e xardineiros.[4] Moitas especies son de cor verde pero outras especies comúns poden ser brancas e de aspecto lanoso, marróns ou negras.[4] Teñen unha extraordinaria capacidade de incrementar rapidamente o seu número mediante reprodución asexual. Desde un punto de vista zoolóxico son un grupo con grande éxito[5] do que se coñecen entre 4.400 e 5.000 especies, todas elas incluídas na familia Aphididae.[6][7] Delas unhas 250 especies son graves pragas agrícolas e forestais e un constante problema para os xardineiros. A súa lonxitude varía entre 1 e 10 mm.
Afidoideos Aphidoidea Rango fósil: Pérmico - Actualidade | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ninfas de Acyrthosiphon pisum canda á nai, sobre o caule do chícharo do que extraen o zume | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subfamilias [1] | |||||||||||||||
|
Os seus inimigos naturais son predadores como as maruxiñas ou xoaniñas, larvas de sírfidos, avespas parasitas, as larvas dos dípteros Aphidoletes aphidimyza, arañas Thomisidae, neurópteros, e fungos entomopatóxenos como Lecanicillium lecanii e os Entomophthorales.