Ácido fosfórico
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido fosfórico, tamén chamado ácido ortofosfórico, é un ácido inorgánico ou mineral coa fórmula H3PO4. As moléculas de ácido ortofosfórico poden combinarse consigo mesmas para formar diversos compostos que se denominan tamén de modo xeral ácidos fosfóricos. A nomenclatura da IUPAC para este composto é ácido ortofosfórico. O prefixo orto- utilízase para distinguir este ácido doutros ácidos fosfóricos relacionados, como os chamados ácidos polifosfóricos. O ácido ortofosfórico non é tóxico, e cando é puro, é sólido a temperaturas e presións moderadas.
Ácido fosfórico | |
---|---|
trihidroxidooxidofósforo | |
Outros nomes Ácido ortofosfórico | |
Identificadores | |
Número CAS | 7664-38-2, 16271-20-8 />16271-20-8 (hemihidrato) |
PubChem | 1004 |
ChemSpider | 979 |
UNII | E4GA8884NN |
Número CE | 231-633-2 |
Número UN | 1805 |
KEGG | D05467 |
ChEBI | CHEBI:26078 |
ChEMBL | CHEMBL1187 |
Número RTECS | TB6300000 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | H3O4P |
Masa molar | 98,00 g mol−1 |
Aspecto | sólido branco ou incoloro, líquido viscoso (>42 °C) delicuescente |
Olor | inodoro |
Densidade | 1,885 g/mL (líquido) 1,685 g/mL (solución ao 85%) 2,030 g/mL (cristal a 25 °C) |
Punto de fusión | 4 235 °C; 7 655 °F; 4 508 K |
Punto de ebulición | 158 °C; 316 °F; 431 K |
Solubilidade en auga | 392,2 g/100 g (−16,3 °C) 369,4 g/100 mL (0,5 °C) 446 g/100 mL (14,95 °C) miscible (42,3 °C)[1] |
Solubilidade | soluble en etanol |
Presión de vapor | 0,03 mmHg (20 °C)[2] |
Acidez (pKa) | 1 = 2,148 2 = 7,198 3 = 12,319 |
Índice de refracción (nD) | 1.34203 |
Viscosidade | 2,4–9,4 cP (85% aq. soln.) 147 cP (100%) |
Estrutura | |
Estrutura cristalina | monoclínico |
Termoquímica | |
Entalpía estándar de formación ΔfH |
-1288 kJ/mol[3] |
Entropía molar estándar S |
158 J/mol·K[3] |
Perigosidade | |
MSDS | ICSC 1008 |
Pictogramas GHS | |
Palabra sinal GHS | Corrosivo |
declaración de perigosidade GHS | H-phrases 290, 314[4] |
declaración de precaución GHS | P-phrases 280, 305+351+338, 310[4] |
EU Index | 015-011-00-6 |
Clasificación da UE | C |
Frases R | R34 |
Frases S | S1/2, S26, S45 |
NFPA 704 | |
Punto de inflamabilidade | Non inflamable |
LD50 | 1530 mg/kg (rata, oral)[5] |
Compostos relacionados | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A base conxugada do ácido fosfórico é o ión dihidróxeno fosfato, H2PO4−, que á súa vez ten a base conxugada hidróxeno fosfato, HPO42−, que ten a base conxugada fosfato, PO43−.
Ademais de ser un reactivo químico, o ácido fosfórico ten moitos usos, incluíndo o de inhibidor da oxidación (enferruxamento), aditivo alimentario (E338), gravador dental e ortopédico, electrólito, fundente, axente dispersante, mordente industrial, materia prima de fertilizantes, e compoñente de produtos de limpeza do fogar. Os ácidos fosfóricos e fosfatos son tamén moi importantes en bioloxía, onde o fosfato é un importante tampón e hai moitas moléculas esenciais derivadas del.
A fonte máis común para utilizar o ácido fosfórico é unha solución acuosa ao 85%; ditas solucións son incoloras, inodoras, e non volátiles. A solución ao 85% é bastante viscosa, como un xarope, pero pódese verter. Como é un ácido concentrado, a solución ao 85% pode ser corrosiva, aínda que non é tóxica cando se dilúe. Debido á alta porcentaxe de ácido fosfórico presente neste reactivo, polo menos parte do ácido fosfórico está condensado en ácidos polifosfóricos. Non obstante, para simplificar o etiquetado, a solución ao 85% etiquétase como H3PO4 como se fose na súa totalidade ácido ortofosfórico. Nas solucións acuosas diluídas o ácido fosfórico está na forma ortofosfórica.